Unha de cada tres empresas familiares prevén aumentar emprego en 2020

29 de outubro de 2019. Unha de cada tres empresas familiares españolas (36%) prevé incrementar a súa plantilla de empregados durante 2020, segundo a sondaxe realizada en outubro entre os empresarios asistentes ao Congreso da Empresa Familiar de España. A sondaxe reflicte que o 46% dos empresarios familiares en España esperan aumentar a súa cifra de vendas o ano próximo, mentres que o 48% prevé manter os seus niveis actuais de emprego. Ademais, 7 de cada 10 indican que van aumentar o seu investimento en España. Os resultados da enquisa de percepción económica do Instituto de Empresa Familiar (IEF) presentáronse no XXII Congreso de Empresa Familiar, celebrado en Murcia, que contou coa presenza das 18 asociacións territoriais, entre elas, a Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF).

O 59% aposta por reinvestir os beneficios obtidos para o reinvestimento na empresa de cumprirse as súas previsións, fronte ao 19% que afirma que os usaría para disminuir a súa débeda. No referente á presenza exterior, o 50% dos empresarios familiares afirman que os mercados internacionais supoñen o 15% ou menos da súa facturación total.

En canto ás previsións sobre o panorama económico a curto e medio prazo, o 63% cre que o crecemento da economía española será fráxil e sen creación neta de emprego, unha perspectiva peor que en 2018, cando o 57% dos empresarios familiares prevía un aumento moderado da actividade cunha creación limitada de postos de traballo.

Os empresarios familiares valoran a situación económica actual cunha nota de 5,33 sobre 10, case un punto menos que en 2017 (6,22) e algo menos que o ano pasado (5,48).

Garantir a supervivencia, principal obxectivo

Garantir a supervivencia da empresa para a súa transmisión é o principal obxectivo estratéxico dos empresarios familiares para a súa compañía, cunha puntuación superior a 1.000 puntos, seguido de aumentar a dimensión e o beneficio, ambos por riba de 800 puntos.

Como desafíos principais a abordar en España, o empresariado familiar prioriza a gobernabilidade (1.328 puntos), seguida de reformas estruturais en educación, administraciones públicas ou regulación (1.216) ou o desemprego (890).

A gran maioría dos empresarios describen como positiva ou moi positiva a influencia dos valores das empresa familiares en cuestións como o compromiso cos traballadores, o compromiso co entorno, o territorio e a sostibilidade.