Un momento da mesa redonda sobre talento e emprendemento celebrada en Santiago.
20 Nov Xornada sobre talento emprendedor 20 Novembro 2015. Santiago
Durante unha xornada celebrada na sede de Abanca na praza de Cervantes de Santiago, celebrouse unha mesa redonda onde tres xoves empresarios puideron transmitir a súa experiencia empresarial aos asistentes.
Juan Luis Méndez, de Vinigalicia; Pepe Quintero Uriach, de The Rice Co.; e Cristina Fenández Armesto, da Casa Grande de Xanceda, explicaron a súa visión do talento e o emprendemento como ferramentas necesarias para os tempos difíciles, nunha conversa coordinada pola xornalista Aida Pena (Cadena SER).
A xornada contou tamén coa presenza de Josef Ajram, broker e deportista de élite, que trasladou a súa experiencia cunha conferencia titulada “Descubre, confía y valora tu talento”.