A familia González-Babé xunto ao presidente da Asociación galega da Empresa Familiar, presidente da Xunta e conselleiro de Economía.

Javier Babé: “Hoy es mejor equivocarse que no hacer nada” XI Premio Familia Empresaria de Galicia

22.11.2016

Javier González-Babé, presidente do consello de administración de Babé y Cía, afirmou hoxe que “hoy es mejor equivocarse que no hacer nada; hemos modernizado y adaptado la empresa a los nuevos tiempos, como hemos hecho siempre”. Babé y Cía é unha das empresas galegas con maior antigüidade. Nacida en 1887 cun capital social de 300.000 euros, sigue adicada ao mundo da distribución de carburantes para automóbiles, se ben dende un novo enfoque. Hoxe factura 30 millóns de euros e emprega a 300 profesionais.

A compañía naceu en Guixar (Vigo), construíndo a primeira refinería de destilación de petróleo de Galicia: importaba cru en barco de EE.UU. para convertelo en carburante. En 1927, logo da expropiación das refinerías en España, Babé y Cía centrouse na distribución exclusiva de carburantes de Campsa nas provincias de Pontevedra e Ourense. A partir da liberalización do sector enerxético en 1987-90, Babé y Cía entrou a competir no mercado libre, traballando agora na distribución de Cepsa, Galp, Disa, Shell, BP e Repsol, e ampliando o seu abano de distribución a outros produtos non procedentes do petróleo.

“En su momento supimos podar el árbol de la empresa, adquiriendo las acciones a los familiares no interesados en involucrarse en la compañía. Hoy tenemos un protocolo familiar, unha estrategia y, por primera vez en nuestra historia, desde hace seis años una mujer es la directora general de la compañía: Cristina González-Babé”, sinalou Javier González Babé.