O presidente de Coren, Manuel Gómez Franqueira, posa xunto a súa muller e parte da familia co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.

A familia Franqueira: o impulso do cooperativismo VIII Premio Familia Empresaria de Galicia

14.11.2013

Creada en 1959 como unha pequena cooperativa de vinte socios, Coren é na actualidade a cooperativa agroalimentaria máis importante de España e unha das empresas con maior facturación en Galicia.

A empresa iniciada por Manuel Gómez-Franqueira continuou a súa evolución ao longo de tres xeracións, diversificando as súas liñas de negocio e gañando presenza nos mercados de avicultura, porcino e vacún. Soubo ademais adapatarse ás esixencias tecnolóxicas do sector, converténdose en pioneira nos campos da trazabilidade e seguridade alimentaria.

O grupo Coren conta con 22 industrias e dá emprego directo a 3.500 traballadores.