15 Xan Cafés Candelas e Aresa inauguran `Empresa Familiar nas aulas´
15.01.2024. Ramón Ramón Alonso, xerente de Cafés Candeas e Carlota López, adxunta á presidencia do Grupo Aresa, marcan o inicio da 4ª edición do programa Empresa Familiar nas Aulas. Esta iniciativa impulsada pola Asociación Galega da Empresa Familiar (Agef) e Afundación, a Obra Social de ABANCA, ten como obxectivo o fomento do espírito emprendedor dos mozos galegos.
As compañías, forman parte das 18 empresas membros de Agef que participarán nesta nova edición. Más de 750 mozos e mozas de educación secundaria (ESO), bacharelato e formación profesional de 18 centros educativos de toda Galicia integran este proxecto. Os estudantes coñecerán de primeira man a relevancia das empresas familiares galegas e os valores que as caracterizan.
Lugo foi o escenario das dúas primeiras charlas, onde os directivos tiveron a oportunidade de compartir cos estudantes do IES Xoán Montes e do Colexio Maristas os valores e propostas empresariais de cada unha das compañías.
O Grupo Aresa está conformado por catro empresas: Aresa, Cecoagro, Todocampo e Uman. Especializada en fertilizantes e pensos, é unha das compañías máis importantes do noroeste de España, cun volume de vendas de 50 millóns de euros.
No ano 2000 a compañía puxo en marcha xunto coa Universidade de Santiago de Compostela o Premio Aresa. O certame, un dos máis prestixiosos a nivel nacional, recoñece proxectos que contribúen ao desenvolvemento do rural galego.
Café Candeas, pola súa banda, é a primeira marca de café española na hostalería. Fundada en 1973 por Ramón e Manuel Alonso, a empresa conta hoxe en día con máis de 300 profesionais. Ramón Alonso, representa xunto ao seu primo Enrique, á segunda xeración que traballa na empresa familiar.
Imaxe: Carlota López, directiva de Aresa, na aula con 80 alumnos do IES Xoán Montes de Lugo. FOTO: Aresa | Agef