
27 Nov Jealsa Rianxeira, 77 anos facendo conservas IV Premio Familia Empresaria de Galicia
27.11.2009
Jesús Alonso Fernández leva medio século ao frente dunha empresa consolidada, que deu orixe a un grupo empresarial que emprega a unhas 4.000 persoas.
A familia Alonso Escurís soubo converter unha fábrica de conservas de pescado e marisco nun piar de innovación, internacionalización e emprego. O Grupo Jealsa ten diversificado a súa actividade desde os campos da alimentación (conservas, pero tamén solucións para hostalería e catering, ademais de alimentos para mascotas); pesca e servizos (buques e instalacións conxeladoras); o medio ambiente (solucións tecnolóxicas para o cuidado do entorno ou o aproveitamento dos residuos); e a enerxía (participación en plantas de coxeración ou proxectos de enerxía eólica).
A empresa familiar nacida en Boiro é hoxe unha compañía líder no sector, a nivel nacional, europeo e mundial.