Ignacio Rivera, Emilio Pérez Nieto, Roberto Díaz Rincón e Margarita Hermo nun encontro en Santiago.

O Congreso Nacional aborda a estratexia dos propietarios das empresas familiares

21.09.2016

O Instituto de Empresa Familiar (IEF) e a Asociación Galega de Empresas Familiares (AGEF) presentaron hoxe en rolda de prensa os contidos do XIX Congreso Nacional da Empresa Familiar, que se celebra na Coruña os días 16, 17 e 18 de outubro. O encontro abordará a importancia da estratexia empresarial dos propietarios das empresas, como verdadeiros ideólogos do proxecto e o crecemento empresarial. A ponencia será impartida polo profesor Ernesto Poza, emérito da Thunderbird School of Global Management e fundador de E.J. Asociates, experto en asesoramento estratéxico empresarial.
Na rolda de prensa, o presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar, Emilio Pérez Nieto, subliñou o peso económico das empresas de capital e sede social en Galicia, que acadan o 85% do VAB privado de Galicia e o 83% do emprego.
O director xeral do Instituto de Empresa Familiar, Juan Corona, expuso que un dos retos das empresas familiares españolas é o aumento do tamaño medio, baixo en relación aos seus competidores internacionais.