O director da Cátedra da Empresa Familiar da USC ingresa na Real Academia das Ciencias Económicas

27.06.2023. O director da Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Luis Otero González, ingresa na Real Academia das Ciencias Económicas como Académico de Número.

“É unha grande honra e un privilexio ser recoñecido polo meu traballo e as miñas contribucións no eido das ciencias económicas e financeiras e poder formar parte dunha comunidade tan distinguida e destacada”, sinala Luis Otero.  “Agradezo sinceramente a cada un dos académicos o seu apoio á miña candidatura, en particular, a José Antonio Redondo e Jaime Gil Aluja. Non tería sido posible sen o apoio, guía e titoría de moita xente ao longo da miña carreira”, explica.

A Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras (RACEF) é unha corporación oficial de carácter científico e técnico que ten por obxectivo a investigación, o estudo e o fomento das ciencias económicas y financeiras.

Os académicos de número constitúen o núcleo da entidade e deben asistir regularmente ás sesións, contribuír ao progreso da ciencia, velar polo prestixio da Academia y cumprir cos encargos recibidos.

Cátedra de la Empresa Familiar

Luis Otero González é profesor do departamento de Economía Financeira e Contabilidade  na Facultade de Ciencias Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e exerce como director da Cátedra de Empresa Familiar da USC dende maio de 2021.  Douctor en Ciencias Económicas e Empresariais, con premio extraordinario, é catedrático da USC dende 2019 y dirixe ó grupo de Valoración Financeira Aplicada (VFA) da universidade, catalogado como grupo de referencia competitiva.

A Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de Santiago de Compostela oferta anualmente un extenso programa de actividades para acercar o mundo da empresa familiar aos estudiantes.

 

Na imaxe, Luis Otero na Universidade de Santiago de Compostela. Punto GA / Miguel Riopa.