A flexibilidade e solidariedade claves no turismo ante a Covid-19

A flexibilidade e solidariedade claves no turismo ante a Covid-19

24 de febreiro de 2022. “Ser flexible sen aumentar os teus costes é a clave para superar a situación xerada pola Covid-19” explica Verónica García, directora do Grupo Orfila. A directiva participa xunto a Sabina Fluxá, vicepresidenta e CEO do Grupo Iberostar, na charla “El futuro del sector turístico español desde la perspectiva de la empresa familiar” pertencente ao ciclo da Empresa Familiar Comparte organizada polo Instituto de Empresa Familiar de España, ao que pertence a Asociación Galega de Empresa Familiar de España. Encontro onde abordan o futuro do sector turístico español ante a Covid-19 desde a perspectiva da empresa familiar.

Ambas empresarias inciden en que as claves para superar os obstáculos ante a Covid-19 son a flexibilidade e a capacidade de adaptación sen variar a calidade da oferta xunto á solidariedade no sector. “Cando os clientes habituais viñan e estabamos pechados, buscabámoslle outro sitio” señala Verónica García.

No marco da Empresa Familiar Comparte, as executivas explican a difícil xestión do sector turístico español en meses de pandemia e como conseguiron adaptarse. “Chegamos a estar catro meses seguidos con todos os hoteis pechados” señala Sabina Fluxá.

2022 se presenta como o ano da recuperación. “En outubro, novembro e decembro tiñamos patróns de reserva superiores ao 2019 o que te fai pensar que se pode conseguir”, señala Sabina Fluxá.