Javier González-Babé, presidente de Babé y Cía, xunto ao presidente da Xunta.

Babé y Cía, premio familia empresaria 2016

22.11.2016

O presidente do consello de administración de Babé y Cía, Javier González Babé, recolleu onte o premio a mellor familia empresaria de Galicia, en representación de toda a familia González-Babé. A compañía galega, unha das máis antigas de España con 129 anos ininterrompidos de funcionamento, adícase a distribución de gasóleos, gasoliñas e outros derivados do petróleo, tendo ampliado nos últimos anos o seu negocio ao transporte de asfalto, betúns, granito, contedores e outros materiais.

Babé y Cía naceu en 1887 en A Coruña, fundada por Evaristo Babé, que xa en 1888, trasladou a compañía a Vigo onde construíu unha refinería (La Viguesa), e onde a empresa mantería a súa sede e centro operativo dende entón. A empresa está dirixida dende 2010 por Cristina González-Babé, factura 30 millóns de euros e emprega a 300 persoas (100 autónomos) en varios centros de distribución que operan en Galicia, Asturias e Castela e León.

“La empresa ha cumplido 129 años porque ha sabido reinventarse y transmitir los valores de la familia durante seis generaciones”, subliñou Javier González-Babé, presidente de Babé y Cía, pouco antes de recoller o premio á Familia Empresaria 2016 de mans do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.